Avisos...

AXENDA

Avisos


AVISO: CAMBIA A ENTRADA AO CENTRO DE SAÚDE

AVISO: CAMBIA A ENTRADA AO CENTRO DE SAÚDE

12/12/2017

Desde a concellería de Educación, Xuventude e Saúde informan que por motivo das obras que estanse a realizar no Centro de Saúde, para a instalación dunha marquesiña que cubra da choiva nos accesos ao edificio sanitario, a partires do 13 de decembro a entrada habilitada ao Centro de Saúde será a de Urxencias.

Benestar abre novo prazo de inscrición para as Actividades de Maiores de 55 anos

Benestar abre novo prazo de inscrición para as Actividades de Maiores de 55 anos

11/12/2017

A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Isabel Reimundez, abre novo prazo de inscrición nas actividades para maiores de 55 anos nas que existen prazas vacantes.

As persoas interesadas deberán presentar  a solicitude no rexistro xeral do Concello, indicando a  actividade que solicita e  acompañando fotocopia do DNI e certificación da conta bancaria (orixinal).

O temporal leva parte da cuberta do pavillón polideportivo de Sada

O temporal leva parte da cuberta do pavillón polideportivo de Sada

11/12/2017

-A concelleira de Deportes, Zeltia García, valorou esta mañá os danos e estivo a traballar xunto ao técnico de deportes na reubicación das actividades deportivas.

Sada 11 decembro 2017

CHOCOLASADA 2017

CHOCOLASADA 2017

05/12/2017

CARTA CONCELLEIRA DE CULTURA E PRAIAS - MARÍA PARDO

A Concellería de Cultura e Praias, a través da Biblioteca Pública Municipal, quere traer a maxia, a luz e a ledicia a Sada este Nadal. Un ano máis ChocolaSada recolle todos estes elementos reeditando a súa aposta por un xeito novo de entender a literatura, o teatro e a animación, sempre dentro dun entorno urbano e coa finalidade de ilusionar a toda a Familia.

ILUMINA O NADAL, NOS PAGAMOS A LUZ

ILUMINA O NADAL, NOS PAGAMOS A LUZ

04/12/2017

Con motivo das vindeiras datas, a concellería de  Educación, Xuventude e Saúde quere animar aos comercios de Sada a que participen coa súa decoración de Nadal, no ánimo de contribuir a que o ambiente festivo que se inicia co “Acende o Nadal” se instaure nas rúas do noso pobo.

Promoción Económica aumenta o control do Feirón

Promoción Económica aumenta o control do Feirón

29/11/2017

- A concellería de Promoción Económica prepara xa a nova licitación dos postos do Feirón para o ano 2018.

@salto@

A Xunta de Galicia publica no DOG o anuncio de aprobación do Plan Xeral de Sada

A Xunta de Galicia publica no DOG o anuncio de aprobación do Plan Xeral de Sada

29/11/2017

Con data 29 de novembro a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publica no Diario Oficial de Galicia a Orde do 11 de outubro de 2017 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Sada.

Gala do Deporte de Sada

Gala do Deporte de Sada

29/11/2017

- O Concello de Sada celebrará a Gala do Deporte para premiar aos mellores deportistas, equipos e clubs do ano 2017.

-A concelleira de Deportes, Zeltia García, solicita a todos os clubs deportivos que presenten aos seus candidatos para trece das dezaoito categorías que terán recoñecemento.