Avisos...

Avisos


Marquesina en aparcadoiro e rampas entrada Centro Saúde de Sada

Marquesina en aparcadoiro e rampas entrada Centro Saúde de Sada

12/09/2017

Obra a licitar: Marquesina en aparcadoiro e rampas entrada Centro Saúde de Sada

Importe: 14.412,72€ sen IVE

Bases da III Feira de Oficios Artesáns de Sada

Bases da III Feira de Oficios Artesáns de Sada

05/09/2017

A concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, ven de publicar as Bases de Participación da terceira edición da Feira de Oficios Artesáns que terá lugar do 6 ao 8 de outubro en Sada.

Bases de participación na III Cervefeira (Feira da Cervexa Artesá de Sada

Bases de participación na III Cervefeira (Feira da Cervexa Artesá de Sada

04/09/2017

Os días 29 e 30 de setembro e o 1 de outubro celebrarase en Sada a terceira edición da Cervefeira, a Feira da Cervexa Artesá de Sada. 

A concellería e Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente ven de publicar as bases de participación para todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten o desenvolvemento dunha actividade de elaboración de cervexa artesá excluindo os grandes grupos cervexeiros.

Prazo extraordinario de matriculación na Escola de Música Municipal

Prazo extraordinario de matriculación na Escola de Música Municipal

04/09/2017

-A concellería de Educación, Xuventude e Saúde, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, oferta novas prazas na Escola de Música Municipal.

-As novas prazas ofertadas son oito de Música e Movemento I, unha praza de frauta traveseira, unha de trombón, unha de percusión, unha de trompa, unha de trompeta e seis prazas de canto moderno.

Desplazamento do equipo móbil a Sada para expedición ou renovación do DNIe

Desplazamento do equipo móbil a Sada para expedición ou renovación do DNIe

21/08/2017

Tal e como vén realizando en anteriores ocasións o equipo móbil do DNIe desprazarase a Sada os días 12 e 13 de setembro a fin de efectuar a expedición dos oportunos documentos. @salto@ Os próximos días 12 e 13 de setembro un equipo móbil DNIe desprazarase a Sada a fin de efectuar a expedición dos oportunos documentos, estimándose un cupo diaria de 55 solicitudes de máximo. Todas as persoas interesadas en tramitar o devandito documento deberán previamente facilitar no Rexistro do Concello de Sada o seu nome, apelidos, DNI (para a renovación) e número de teléfono do solicitante.

Minuto de silencio polas vítimas do atentado de Barcelona

Minuto de silencio polas vítimas do atentado de Barcelona

18/08/2017

O Concello de Sada convoca aos veciños e veciñas de Sada a un minuto de silencio en memoria das vítimas do atentado de Barcelona que terá lugar ás 12:00 horas de hoxe diante da Casa do Concello na Avenida da Mariña.

LICITACIÓN PARA A INSTALACIÓN DUN SERVIZO DE RESTAURACIÓN NA VI FEIRA MODERNISTA DE SADA

LICITACIÓN PARA A INSTALACIÓN DUN SERVIZO DE RESTAURACIÓN NA VI FEIRA MODERNISTA DE SADA

14/07/2017

O obxecto desta licitación é o da autorización de uso común especial da vía pública para instalación dun servizo de snack-bar durante a celebración da VI Feira Modernista, entre os días 28 e 30 de xullo de 2017 no Paseo Marítimo, á altura do edificio modernista “La Terraza”.

AVISO PARA USUARIOS/AS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

AVISO PARA USUARIOS/AS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

14/07/2017

A Biblioteca Pública Municipal “Ramón Suárez Picallo” de Sada, por mor do cambio de Sistema de Xestión que estan a levar a cabo para a modernización dos procesos bibliotecarios, precisa actualizar os datos persoais das fichas dos usuarios.