Avisos...

AXENDA

Avisos


Promoción Económica aumenta o control do Feirón

Promoción Económica aumenta o control do Feirón

29/11/2017

- A concellería de Promoción Económica prepara xa a nova licitación dos postos do Feirón para o ano 2018.

@salto@

A Xunta de Galicia publica no DOG o anuncio de aprobación do Plan Xeral de Sada

A Xunta de Galicia publica no DOG o anuncio de aprobación do Plan Xeral de Sada

29/11/2017

Con data 29 de novembro a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publica no Diario Oficial de Galicia a Orde do 11 de outubro de 2017 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Sada.

Gala do Deporte de Sada

Gala do Deporte de Sada

29/11/2017

- O Concello de Sada celebrará a Gala do Deporte para premiar aos mellores deportistas, equipos e clubs do ano 2017.

-A concelleira de Deportes, Zeltia García, solicita a todos os clubs deportivos que presenten aos seus candidatos para trece das dezaoito categorías que terán recoñecemento.

O Mesón Nordeste co petisco “Xabarín con cogomelos e froitos vermellos” gañador do premio do xurado do Outono de Tapas

O Mesón Nordeste co petisco “Xabarín con cogomelos e froitos vermellos” gañador do premio do xurado do Outono de Tapas

24/11/2017

- O Premio do Público correspondeu á “Torrada rechea de polo ao viño Mencía”, que presentou o Restaurante A Nosa Viña.

-O Concello de Sada fai un balance máis que positivo da quinta edición do Outono de Tapas, un certame no que 22 negocios hostaleiros prepararon un petisco especial para a ocasión, e que foi avaliado con 3.481 votacións.

Sadanda, o programa saudable para que a xente camiñe e retomen as relacións sociais

Sadanda, o programa saudable para que a xente camiñe e retomen as relacións sociais

23/11/2017

Os máis paseantes de Carnoedo e Veigue saíron a andar este sábado. Fixérono no que pretende ser o preámbulo da cita que se marcaron para o día 26, onde se realizará unha ruta pasando por Carnoedo, Meirás, Mosteirón e Soñeiro para dar a coñecer Sadanda, un programa co que se tenta promocionar a saúde entre os veciños das distintas parroquias e xerar comunidade.

Alumnos de Sada converteranse en titores dos seus compañeiros para axudarlles en casos de acoso escolar

Alumnos de Sada converteranse en titores dos seus compañeiros para axudarlles en casos de acoso escolar

23/11/2017

A concellaría de Educación de Sada pon en marcha o Sistema de Prevención de violencia e acoso escolar TEI e convértese en pioneiro na comarca metropolitana @salto@

Sada 23 novembro 2017

Curso de Almacenista e Carretilla Elevadora

Curso de Almacenista e Carretilla Elevadora

23/11/2017

O Concello de Sada dentro do Plan Formación Municipal para o Emprego (FORME) organiza unha nova acción formativa: Curso de almacenista e carretilla elevadora 

O Obxectivo que se pretende acadar é que o alumnado desenvolva e execute de forma correcta as tarefas propias da ocupación de mozo de almacén, concretamente: preparar pedidos e expedición, condución de equipos e maquinaria de almacén, dominar a documentación específica (albarás, follas de stocks, referencias) e carga e descarga de mercancías.

Curso de comercio: Actividades de Venda

Curso de comercio: Actividades de Venda

17/11/2017

Desde a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) informan ás persoas en situación de desemprego que en datas próximas Gaba formación realizará o curso de comercio, AFD 2017/100584 COMV0108 ACTIVIDADES DE VENDA de nivel 2 (requisitos mínimos de acceso: ESO ou competencias crave nivel II). O horario do curso será de 09:00 a 14:00, de luns a venres e ata o día de hoxe ten seleccionados 10 alumnos e fáltanlles 5 máis. Desde o centro de estudos solicitaron unha nova sondaxe á oficina de emprego de Orillamar, polo que se estás interesado/a terás que solicitalo alí.