Avisos...

AXENDA

Avisos


CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR, CURSO 2016-2017

CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR, CURSO 2016-2017

17/11/2016

ACTUALIZADO 15 NOVEMBRO 2016

A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas da concellería de Educación, Xuventude e Saúde para os desprazamentos co fin escolar dirixida ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2016/2017, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos

Benestar esta a levar a cabo nos colexios de Sada un programa que fomente a igualdade real entre homes e mulleres.

Benestar esta a levar a cabo nos colexios de Sada un programa que fomente a igualdade real entre homes e mulleres.

18/10/2016

- “E importante concienciar ao alumnado, sinala a concelleira Isabel Reimundez, da importancia dunha educación en igualdade como por exemplo que as tarefas e actividades domésticas, deben ser compartidas por homes e mulleres”

Benestar programa un curso de alfabetización para persoas adultas

Benestar programa un curso de alfabetización para persoas adultas

14/10/2016

A concellería de Benestar Social a través do departamento de Servizos Sociais municipal organiza un curso de alfabetización para persoas adultas. Trátase dun espazo para acadar capacidades básicas de lecto-escritura e cálculo.

Información e asesoramento para coidadoras de persoas dependentes.

Información e asesoramento para coidadoras de persoas dependentes.

21/09/2016

A concellería de Benestar, a través dos Servizos Sociais do Concello de Sada, ofrece información e asesoramento así como apoio e obradoiros para as coidadoras de persoas dependentes. Para máis información: Servizos Sociais Municipais: 981 620 567.

O asfaltado da rúa da Praia e Sadadarea restrinxirá o tráfico rodado o martes e mércores

O asfaltado da rúa da Praia e Sadadarea restrinxirá o tráfico rodado o martes e mércores

20/06/2016

Mañá martes ás 9:00 horas comezarán os traballos de asfaltado da rúa Sadadarea que se prolongarán durante os dous próximos días.

Estes labores de fresado e pavimentado da rúa levarán á restrición do tráfico rodado durante as xornadas de martes 21 e mércores 22 de xuño.

As empresas de Sada poden inscribirse na app de Turismo

As empresas de Sada poden inscribirse na app de Turismo

10/06/2016

-Uns 60 empresarios e empresarias estiveron presentes na reunión informativa celebrada na Capela de San Roque onde se mostrou o deseño da app e as vantaxes para o tecido empresarial da inclusión das empresas de Sada na mesma.

Benestar premia aos escolares polas súas obras en contra da violencia de xénero

Benestar premia aos escolares polas súas obras en contra da violencia de xénero

02/12/2015

O pasado 25 de novembro celebrouse na Casa da Cultura un acto onde se recordou o día internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres. No acto entregáronse os premios do I Concurso de Microrelatos contra a Violencia de Xénero que se veu realizando nas últimas semanas nos colexios do municipio cunha gran participación.

Unha familia de sada acenderá a iluminación de nadal

Unha familia de sada acenderá a iluminación de nadal

24/11/2015

A Concellería de Educación, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, programa tamén o concurso de Postais do Nadal entre os escolares do municipio.

@salto@