
1º CONCURSO MUNICIPAL DE REPOSTERIA.
CONCELLO DE SADA
BASES DA CONVOCATORIA
Requisitos para participar:
Poderán participar todos/as os/as veciños/as de Sada que o desexen e de calquer idade.
Productos admitidos:
O concurso queda aberto exclusivamente á repostería que non requira refrixeración (Biscoitos, Galletas, magdalenas, etc..). Non se admitirá ningún tipo de postre precociñado.
Inscrición:
Cada participante pode presentar cantos postres deséxe en cada unha das tres categorías. A inscrición faráse o día 16 de agosto a partir das 18:00 h. na carpa situada no Paseo Marítimo (detrás do edificio da Terraza).
A inscrición ao concurso é gratuíta.
Procedemento:
Para garantir a salubridade dos productos presentados ao concurso, éstes deberán vir herméticamente pechados ou envoltos en materias fabricados específicamente para a hixiene alimentaria.
A cada participante asignaráselle un numero, o cal plasmaráse no prato presentado para ocultar a identidade do autor.
O xurado terá en conta o sabor e a presentación e realizará a cata e valoración dos mesmos a partir das 19:00 h do día 16 de agosto.
Xurado:
A Concelleira de Cultura, Xuventude e Ocio proporá ao Alcalde a designación dos membros do xurado que estará composto por persoas relacionadas coa hostelería local.
Degustación dos postres presentados ao concurso:
A organización ofrecerá mediante degustación pública o día 17 de agosto a partir das 19.00 h. (na carpa mencionada anteriormente) con motivo da Festa na honra aos nosos Maiores.
Premios:
O xurado outorgará dous premios por cada unha das categorías.
1ª Categoría: Biscoitos.
2ª Categoría: Galletas.
3ª Categoría: Repostería variada (Magdalenas, filloas, turrón, orellas, etc..)
sendo o primeiro premio de 100 € e o segundo de 50 €. O día 17 de agosto ás 19:00 h faráse público a relación de gañadores do concurso municipal.
Dereitos e obrigas dos participantes:
O feito de participar no concurso supón a aceptación das presentes bases e do fallo do xurado. Calquer incidencia non prevista nas bases será resolta pola Concellaría de Cultura e o xurado do concurso.
Asdo.: A CONCELLEIRA
Almudena Pena Álvarez
Concelleira delegada de Cultura, Xuventude e Ocio
Concello de Sada © 2011 - Aviso Legal - Mapa Web - Contactar
Avenida da Mariña 25 - Tfno: 981 62 00 75 - Fax: 981 62 12 74