Corporación municipal...

AXENDA

Corporación municipal

 

 
SADAMAIORÍA

  • D. Óscar Benito Portela Fernández - Biografía
  • D. Francisco José Montouto Pérez - Biografía
    Teño 42 anos e vivo no Soutovello, na parroquia de Mosteirón. Son Licenciado en Dereito e estou a piques de rematar o grado en Ciencias Políticas e da Administración, ademais son posgraduado en Desenvolvemento Local e en Xestión de Proxectos e mestrado en Xestión Medioambiental e Desenvolvemento Sostíbel. 

    Nos últimos anos veño traballando no eido da consultaría como técnico de proxectos e consultor. Ademais fun socio nun negocio de hostalería en Sada.

    No 2007 fun Concelleiro delegado de Réxime Interior, Obras e Servizos.
  • Dna. Zeltia Natividade García Ben - Biografía
    Sadense nada en 1988.

    Formación académica deportiva, adestradora nacional e xuiza.

    Internacional de Ximnasia Artística Feminina.

    Actualmente é directora técnica dunha entidade deportiva e é responsable da concellería de deportes do Concello de Sada.
  • D. Miguel Tenreiro Bouza - Biografía

 

 


PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA - PSOE 

  • Dna. Raquel Bolaño Fariñas - Biografía
  • Dña. María Pardo Fafían  - Biografía
    Nacín en Bergondo no ano 1975, na parroquia de Guísamo, onde vivín ata a idade de 20 anos.

    No 1995 a miña familia mudou para Sada. Dende 1995, Sada é a miña casa. En Sada casei, en Sada tiven dúas fillas.

    No tocante ó laboral, aínda que anteriormente fixen moitas cousas, dende hai dezasete anos traballo para a Administración Local. Son funcionaria de carreira no Concello de Bergondo.
     

 

  


BLOQUE NACIONALISTA GALEGO-ASEMBLEAS ABERTAS

  • D. Xóse Lois Suárez Becerra - Biografía
    Son fillo de Carmiña das bicicletas e Suárez, o Capitán de Mondego;neto de Paco das Bicicletas e de Maruja a súa dona, de Manolo o Capitán e Xefa a Piqueta. Son de Mondego, da Granxa concretamente .Finalmente, son Diplomado en Relacións Públicas desde 1994 e estudante universitario empedernido pois ando a piques de rematar Ciencias do Traballo e comecei Historia hai pouco. Tamén son estudante frustrado deXornalismo,pero todo se andará. 

    A miña vida profesional transcorríu por vilas e cidades das catro provincias galegas pero tamén doutras rexións coma Catalunya, Balearesou Canarias e mesmo doutros países coma Inglaterra. Nestes lugares fun camareiro,mozo de almacén,comercial, outra vez camareiro, labregoocasional e mesmo traballador da Industria Cinematográfica aínda que desde un modesto posto de taquilleiro nun cine compostelano.

    Asenteime profesionalmente grazas a experiencias laborais na xestión de eventos deportivos en Gaia,na organización de eventos e na administración de personal grazas a empresas turísticas mexicanas e británicas en Salou e Santa Cruz de Tenerife pero sobre todo grazas aos preto de 12 anos de colaboración con Sararte SL,Formaziona SL e o Instituto Sondaxe(a miña segunda casa) onde traballei na formación de pequenos empresarios e colectivos con discapacidade pero tamén no inmenso e abraiante mundo dos estudos sociolóxicos.Agora ben,unha vez dito isto, teño que deixar claro que, por enriba de todo son tendeiro desde que nacín e exerzo coma tal desde os 14 anos(cun paréntese para o traballo político) na empresa familiar que leva 68 anos de vagaxe en Sada: Ciclos Paco.
  • Dna. Isabel Reimúndez Suárez - Biografía

    Nacín en Sada en 1987 e crecín entre a rúa do Río e a parroquia de Mondego.Son licenciada en Socioloxía pola UDC.

    Traballei como bolseira no eido da consultoría e elaboración de proxectos, pero o meu afán aventureiro levoume a Inglaterra onde traballei en diferentes sectores mentras me formaba no ámbito da investigación de tendencias de mercado no mundo textil.

    Actualmente compaxino o meu traballo nunha tenda de moda coa responsabilidade de ser Concelleira de Benestar Social e Igualdade no noso Concello.

 

 

  


PARTIDO POPULAR

  • D. Ernesto Anido Varela - Biografía
  • Dna. Maria Soraya Salorio Porral - Biografía
  • Dna. María José García Freire - Biografía
  • D. Marcos López Mallo - Biografía
  • D. José Luis Tellado Villares - Biografía
  • Dña. María del Carmen Pose Varela- Biografía
  • D. Alberto Manuel García Cotelo - Biografía

 


PARTIDO DEMOCRATA SADA POPULAR

  • D. Ramón Rodríguez Ares - Biografía
  • D. José Emilio Gómez López - Biografía