CastellanoGallego

Bases que regirán la elaboración de las listas para la provisión temporal de puestos de trabajo en el Ayuntamiento de Sada

Enlace a la publicación del B.O.P relativa a las bases generales que regirán la elaboración de las listas para la provisión temporal de puestos de trabajo en el Ayuntamiento de Sada

ANUNCIO

A alcaldía deste Concello por resolución de data 17 de xaneiro de 2012, aprobou as seguintes bases da convocatoria de selección de persoal:

BASES QUE REXERÁN A ELABORACIÓN DAS LISTAS PARA A PROVISION TEMPORAL DE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO

DE SADA

1ª.- Obxecto.

O obxecto das presentes bases é regular a elaboración de listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo dos grupos e categorías da Administración do Concello de Sada, que se especifiquen en cada convocatoria, nos que a súa cobertura se considere inaprazable e de urxente necesidade, mentres non sexan ocupadas polo correspondente persoal funcionario ou laboral fixo, tanto naqueles postos reservados ao persoal funcionario como nos reservados ao persoal laboral, de acordo coa normativa de aplicación.

2ª.- Convocatoria para elaboración das Listas.

Para facer efectivo o sistema de cobertura, por resolución da alcaldía, aprobarase a convocatoria específica para a elaboración de listas de aspirantes/as para cada unha das prazas e/ou contratacións laborais temporais que se prevea que poidan producirse, ben por estar vacantes segundo a oferta pública de emprego, ben por substitución transitoria da persoa titular, acumulación de tarefas, programas, obras ou servizos de carácter temporal ou calquera necesidade que xurda de conformidade coa normativa vixente.

3ª.- Solicitudes, apertura da convocatoria e prazos.

3.1. As solicitudes que presenten as persoas interesadas para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do concello de Sada (Avda. da Mariña, 25 15160) e axustaranse ó modelo que lle facilitarán no rexistro xeral do concello así como na páxina web municipal (www.concellodesada.com)

3.2. A apertura da convocatoria para a elaboración das listas e o prazo para a presentación de solicitudes se determinarán coa publicación da convocatoria específica no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña. As instancias presentarase no rexistro xeral do Concello en horario de oficina, tamén poderán presentarse na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (nestes supostos deberá remitirse copia da instancia presentada onde corresponda vía fax ao núm. 981 621 274)

As persoas interesadas presentarán as súas instancias, acompañadas da documentación que acredite a titulación e os demais requisitos esixidos para desempeña-la praza ou postos ás que opten e os méritos que, de conformidade co baremo que se fixa nestas bases, desexen que se lles teñan en conta. A convocatoria establecerá a denominación, características, requisitos das prazas ou postos e a titulación esixible para o acceso ás mesmas.

Cada interesado/a poderá presentar solicitude para ser incluído nunha ou máis listas. A súa orde de prelación virá dada pola puntuación obtida de acordo co baremo. Unha vez chamado/a para prestar servizos nunha das listas elixidas e logo da aceptación do posto de traballo, será excluído das demais listas, sempre que o contrato teña unha duración mínima de catro meses.

3.3 Pagamento das taxas por dereitos de inscrición: serán os que se especifiquen en cada convocatoria especifica.

4ª.- Requisitos.

As/os solicitantes deben reunir os requisitos que para cada grupo e categoría se determinan na respectiva convocatoria.

Os ditos requisitos deben posuírse o último día do prazo para a presentación de solicitudes.

Así mesmo, terán que acreditar no momento no que acepten o posto de traballo que se lles oferte, que reúnen os requisitos xerais determinados na Lei 7/2007, de 12 de abril, que aproba o Estatuto Básico do Empregado Público, no seu artigo 56, e que son os seguintes:

BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETIN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

26 de enero de 2012 • Número 18 • Página 140

1. Nacionalidade española, sen prexuízo do determinado no artigo 57 do citado Estatuto.

2. Ter cumpridos 16 anos e non exceder da idade de xubilación.

3. Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

4.Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de AAPP, organismos constitucionais ou estatutarios das CCAA, nin estar en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.

5. Posuír a titulación esixida para o posto.

No suposto de que non acrediten estes requisitos, as/os solicitantes decaerán en tódolos seus dereitos e quedarán excluídos da lista.

5ª.- Documentación.

Xunto coa solicitude deberán presentar copia do DNI e do título académico requirido para o grupo ou categoría á que  se presente.

Os méritos que invoquen os/as interesados/as e que, de acordo co baremo previsto, desexen que se lles teñan en conta, así como o cumprimento dos requisitos esixidos para cada grupo e categoría que se solicite, acreditaranse debidamente por medio de documentos orixinais ou fotocopias destes que se presentarán cotexadas, fidedignamente, debendo numerarse de acordo co modelo anexo, significándose que non se valorarán aqueles méritos que pola comisión se considere que non estiveran suficientemente acreditados.

Os méritos admisibles e valorables serán unicamente os causados ata a data en que finalice o prazo de presentación de instancias.

É obrigatoria presentar tamén xustificante acreditativo de ter ingresado as taxa por dereitos de inscrición. en calquera das conta correntes:

CAIXAGALICIA 2091/0035/83/3110000028

BANCO DE GALICIA 0075/8989/13/0600093769.

Como Anexo I se recolle modelo de relación de méritos alegados e declaración de veracidade, que se deberán acompañar debidamente cumprimentadas á instancia de participación

6ª.-Comisión de selección.

Para a elaboración das listas así como para o seu control e correcta utilización nomearase unha comisión permanente

de selección. A estes efectos a comisión permanente resolverá tódalas cuestións de interpretación que puideran presentarse.

6.1. A composición da comisión permanente de selección será a seguinte:

- Presidente/a: un empregado/a publico/a do Concello de Sada.-

- Vogais: catro empregados/as públicos/as.

- Secretario/a: un/unha funcionario/a do Concello, que actuará con voz sen voto.

7ª.- Elaboración das listas.

7.1. A comisión de selección para a cobertura temporal de postos de traballo reservados ó persoal funcionario ou laboral, será a encargada de elabora-las listas correspondentes. A petición da comisión de selección, poderá nomearse persoal colaborador e as súas funcións serán participar na aplicación do baremo dos méritos alegados polos/as interesados/as.

7.2. Unha vez elaboradas as listas pola comisión permanente de selección, elevaranse á alcaldía, que as aprobará por resolución e, unha vez aprobadas, expoñeranse no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal. As

persoas aspirantes excluídas e as que non figuren na lista, disporán dun prazo de 5 días hábiles a contar dende o seguinte da publicación das listas, para emendar o defecto/s que motivase a súa exclusión. Transcorridos os 5 días, si a emenda de defectos provocase a modificación das listas, publicarase unha nova resolución polos medios indicados con anterioridade.

Contra a resolución aprobatoria das listas, que esgotará a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contenciosoadministrativo, segundo o disposto na normativa vixente.

7.3. Producida a situación especificada na base 1ª procederase ó chamamento da persoa que, segundo a orde de prelación que figura na lista previa, lle corresponda ser chamado.

O chamamento poderase facer telefonicamente en supostos de urxencia, cando se trate da cobertura dun posto de traballo cuxa non cobertura puidese orixinar graves prexuízos no funcionamento e/ou prestación do servizo público.

BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETIN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

26 de enero de 2012 • Número 18 • Página 141

Para poder ser citado mediante o chamamento telefónico as persoas interesadas deberán optar a esta modalidade na súa solicitude de inclusión nas listas; a dita opción será irrenunciable polo/a interesado/a.

Os chamamentos telefónicos faranse entre as 8 horas e as 15 horas, e o/a funcionario/a que os realice fará constar mediante dilixencia a realización de tales chamamentos, e se tiveron ou non resposta.

Para os demais supostos o chamamento efectuarase por medio de telegrama ou calquera outro medio que permita ter constancia da súa recepción polo/a interesado/a.

Os que sendo chamados para facer efectiva a contratación ou nomeamento, non se presentasen no prazo de 48 horas ou renunciasen ó mesmo, perderán os seus dereitos, sendo excluídos das listas, agás casos de forza maior debidamente

acreditados e apreciados libremente pola comisión permanente de selección. Se a persoa aspirante chamada non puidera ser nomeada por causa xustificada, discrecionalmente apreciada, previo informe da comisión permanente de selección, conservará a súa orde de prelación na lista; en caso contrario, será excluída da mesma.

Se calquera dos integrantes da lista renunciara a formar parte da mesma, ou unha vez nomeado renunciara, fora separado do servizo por sanción disciplinaria e/ou por despido declarado procedente, será excluído da lista.

As persoas integrantes das listas non perderán a súa orde de prelación nas mesmas ata a confección das seguintes listas e, en todo caso, como máximo ata que se xere o dereito a prestación de desemprego de tal maneira que se a contratación ou o nomeamento para o que son chamados ten unha duración inferior retornarán o posto que ocupaban na orde de prelación da lista no momento de ser chamados. Xerado o dereito a prestación de desemprego o/a interesado/a pasará aocupar o último lugar na lista.

As listas terán unha vixencia de dous (2) anos contados dende a súa aprobación definitiva.

8ª.- Baremación de méritos.

O sistema aplicable para a elaboración das listas será o seguinte, agás que se estableza un baremo propio na convocatoria específica.

A.-Superación de probas selectivas:

Por ter superado probas selectivas en calquera administración pública durante os últimos 2 anos, referido á data na que remate o prazo de presentación de instancias, para o acceso a condición de funcionario/a ou persoal laboral fixo no mesmo grupo, escala, especialidade ou categoría na que se solicita a inscrición na lista: 2 puntos por exercicio superado ata un máximo de 20 puntos. Só se terán en conta aquelas probas valoradas mediante puntuación. (Acreditarase con certificado emitido polo secretario do tribunal cualificador correspondente ou polo funcionario competente da administración que realizou as probas selectivas).-

B.-Servizos prestados:

Por cada mes de servizos prestados noutras administracións públicas nos termos indicados no apartado anterior e durante os últimos 5 anos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de instancias: 0,20 puntos/mes completo ou fraccións superiores a 15 días. (Acreditarase con informe de vida laboral e certificado de servizos prestados emitido polo funcionario competente da entidade onde teña prestado servizos). Ata un máximo 10 puntos.

Os contratos/nomeamentos prestados en réxime de xornada parcial puntuaranse segundo a súa duración proporcionalmente á xornada realizada polos traballadores

C.-Formación:

C.1-Por cada curso de formación ou perfeccionamento impartido polas administracións públicas, universidade, INEM, colexios profesionais, Forcem, entidades homologados ou sindicatos e relacionado coas funcións propias da praza, categoría ou escala (máximo 6,5 puntos):

- De 15 horas a 40 horas: 0,20 puntos por curso.

- De máis de 40 horas a 70 horas: 0,35 puntos por curso.

- De máis de 70 horas a 100 horas: 0,50 puntos por curso.

- De máis de 100 horas en adiante: 0,65 puntos por curso.

C.2-Cursos de informática sobre aplicacións e programas na súa versión máis vixente e relacionado coas funcións propias da praza, categoría ou escala(máximo 1,50 puntos):

- De máis de 15 horas : 0,15 puntos por curso.

A formación dos apartados C.1 e C.2 acreditarase mediante título correspondente ou certificado da entidade/organismo que realizou a actividade formativa onde veñan especificadas o número de horas e os contidos. De non vir especificadas o número de horas non se valorarán.

BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETIN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

26 de enero de 2012 • Número 18 • Página 142

Non se acumularan as horas que sobren de cada curso a efectos de puntuación.

C.3- Polo coñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grao superior alegado):

* CELGA 1: 0,10 puntos.

* CELGA 2 ou en grao de iniciación: 0,20 puntos.

* CELGA 3: 0,30 puntos.

* CELGA 4 ou en grao de perfeccionamento: 0,50 puntos.

* Curso medio linguaxe administrativa: 0,75 puntos.

* CELGA 5: 1,00 punto.

* Curso superior linguaxe administrativa: 1,00 punto

Só se concederá validez, polo que á acreditación do galego se refire, ós cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e pola orde de 19.01.1989 (DOG nº. 527 de 08.02.89).

De producirse empate na puntuación final, acudirase para dirimilo á maior puntuación obtida en cada un dos apartados deste baremo pola orde prelativa establecida nel (A, B, C1, C2 etc... e así sucesivamente).

Ao persoal que resulte seleccionado requiriráselle a exhibición da documentación orixinal acreditativa dos méritos computados; se non se presentará a documentación ou se acreditase algunha irregularidade, ditarase a resolución que resulte conforme a dereito.

9ª.-Listas aprobadas con anterioridade.

As listas de persoas aspirantes para o seu nomeamento como funcionarios interinos ou como contratados laborais temporais, que a entrada en vigor do presente regulamento se encontrasen vixentes, manterán a súa vixencia en tanto non se elaboren unhas novas para as prazas que correspondan.

10ª.- Interpretación e normativa supletoria.

A interpretación destas normas corresponde á comisión permanente de selección. A normativa supletoria é a disposta para o mesmo asunto pola Xunta de Galicia no seu convenio e decretos de desenvolvemento.

ANEXO I

Para os efectos do baremo aplicable para a elaboración das listas para a cobertura de postos con carácter temporal ou nomeamento interino, acredita os méritos que deseguido se especifican e xunta a documentación xustificativa dos mesmos:

I. Datos persoais:

Apelidos e nome:…………………………………………………

D.N.I…………………………………………….

II. Probas selectivas aprobadas, experiencia profesional e méritos académicos.

Sinalar na columna da esquerda cunha aspa (x) os que se aleguen e unir os certificados ou xustificantes oportunos, segundo as bases publicadas.

Por ter aprobado probas selectivas en calquera Admón. Pública durante os último 2 anos:

Por servizos prestados noutras administracións públicas na mesma categoría (5 últimos anos):

Por cada curso de formación ou perfeccionamento relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta:

A) Por entidades públicas:

De máis de 15 horas a 40 horas: 0,20 puntos por curso.

De máis de 40 horas a 70 horas: 0,35 puntos por curso.

De máis de 70 horas a 100 horas: 0,50 puntos por curso.

De máis de 100 horas en adiante: 0,65 puntos por curso.

B) Informática.

De máis de 15 horas: 0,15 puntos por curso.

C) Polo coñecemento acreditado do idioma galego.

BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETIN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

26 de enero de 2012 • Número 18 • Página 143

Celga 1: 0,10 puntos

Celga 2 ou en grao de iniciación: 0,20 puntos

Celga 3: 0,30 puntos

Celga 4 ou en grao de perfeccionamento: 0,50 puntos

Celga 5: 1,00 puntos

Curso medio de linguaxe administrativa: 0,75 puntos.

Curso superior de linguaxe administrativa: 1,00 puntos.

En ................................., a.......... de...........................do................

( Sinatura)

 

 

DECLARACIÓN DE VERACIDADE

(BASE 4ª DA NORMATIVA POLA QUE SE REGULA A ELABORACIÓN DE LISTAS)

D/Dna...................................................……………, maior de idade, con D.N.I. nº……..............................……e enderezo en…..............................................................……… do Concello de…........................…......……….; perante a

comisión de selección de provisión temporal de postos de traballo do Concello de Sada.

DECLARO:

I.- Que non estou separado/a do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin inhabilitado/a por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

II.- Que non padezo enfermidade nin estou afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desenvolvemento do traballo ao que opto.

En ........................................, a……….de………………..de………

Asinado

 

Nota: coa sinatura desta declaración doume por sabedor de que o falseamento de calquera dos seus puntos implica a nulidade da eventual contratación ou nomeamento”.

Sada, 18 de xaneiro de 2012

O alcalde

Ernesto Anido Varela

2012/609

Diarios Oficiales

Incidencias y Avisos

Si tiene que notificar alguna incidencia o avería háganoslo saber aquí.

Gracias por su colaboración

ENLACES WEB

Enlaces a otras web´s de interés.

NORMATIVA

Normativa municipal.
dizi izle Film izle Film izle short hairstyles 2013 Hd Porn Watch porn sex sex v-pills

ACCESO USUARIOS