PRIMEIRO MERCADO MARIÑEIRO
Mañá venres día 30, sábado 31 de xullo e domingo día 1 de agosto celebrarase o PRIMEIRO MERCADO MARIÑEIRO DE SADA.
29 de xullo de 2010 Terá lugar na praza Irmáns Suárez Picallo e o programa que se repetirá os tres días é o seguinte:
Polas mañás:
11:30 h. Pasarúas e inaucguración con zancudos e músicos de Pregón
12:30 Música tradicional
13:30 h Actuación do grupo "Os bañiwstas"
Polas tardes:
18:00 Música tradicional
19:00 Espectáculo cómico "O fillo do mariñeiro"
19:30 Espectáculo contacontos e títeres
20:30 Pasarúas de zancudos
Polas noites:
21:30.- Animación na rúa
22:30 Espectáculo de noite "Murcio e Bercio, vendedores de peixe"
A feira contará cun total de 90 postos e tamén con participación de xente de Sada a través da Asociación Cultural "Os patexeiros", unha asociación sadense que ten como obxectivo a recuperación de embarcacións tradicionais á organización de regatas de vela tradicional e que contribuirán coa aportación dunha embarcación de principios do século XX con vela latina. Tamén colocarán un banco de carpinteiro de carpintería de rebeira, así como a realización de obradoiros de confección de "nudos" mariñeiros. As actividades programadas por esta asociación sadense terán lugar nas inmediacións da praza Suárez Picallo, en pleno paseo marítimo.