Concello de Sada


© 2007, Concello de Sada. Avenida da Mariña, 25. Tel.: 981 620 075


Imprimir Enviar

Os cursos intensivos de véran, de inglés e alemán, se clausuran con tódalas prazas cubertas.

A Concellería de Educación e Xuventude clausura os cursos intensivos de verán cun grande éxito e a petición por parte dos e das participantes da súa continuación.

Os sadenses xa saben pedir un café, reservar nun restaurante e adquirir billetes de avión en inglés e alemán.

A Concellería de Educación e Xuventude - responsabilidade da socialista Raquel Bolaño - apostou, coa programación do verán 2010, polos idiomas, mediante a realización de cursos intensivos de alemán e inglés. Nestes cursos intensivos, se lle deu prioridade á conversación e a poder desenvolverse co básico nun pais de fala anglosaxona ou xermánica.

29 de xullo de 2010 O pasado mércores tivo lugar a clausura do curso ‘Inglés para Viaxeiros‘ e hoxe, xoves 29 de xullo, tivo lugar a clausura do curso intensivo de alemán coa realización, nun local hosteleiro de Sada, dun "café interactivo en alemán".

Ámbolos dous cursos cubriron as súas prazas e finalizaron coa petición das e dos participantes da súa continuación no futuro.

Esta iniciativa responde a ofertar á cidadanía sadense opcións que lle permitan diferenciarse no mercado laboral e complentar curriculos e coñecementos.

Bolaño apunta que "o interese xenerado polos cursos aglutinou a personas con intereses moi dispares e motivacións moi diferentes, un exemplo é que a ratio de idade das e dos usuarios foi moi ampla, habendo participantes desde os 16 anos de idade ata os 68 anos".