Concello de Sada


© 2007, Concello de Sada. Avenida da Mariña, 25. Tel.: 981 620 075


Imprimir Enviar

Este acordo xa fora asinado co anterior goberno da Xunta para o curso 2008/2009, tendo que renovarse para cada curso escolar, agora co novo modelo de convenio o compromiso se manterá ata que o centro conte con instalacións propias de comedor

A Concellería de Educación e Xuventude pecha coa Xunta un convenio para que o alumnado do CEIP Sada y Sus Contornos poda optar ao servizo de comedor no Mosteirón.

O Convenio foi asinado pola Consellería de Educación, o Concello de Sada e a ANPA do centro. A Consellería asume as bolsas de comedor, a Concellería de Educación e Xuventude asume o trasporte do alumnado ao Mosteirón e a ANPA asume o coidado do alumnado no comedor e no transporte.

A Concelleira de Educación, a socialista Raquel Bolaño, anuncia a sinatura dun novo modelo de convenio coa Xunta para a prestación do servizo de comedor para o alumnado do CEIP Sada y Sus Contornos. O documento, previamente asinado pola Xunta, foi rubricado onte, martes, polo Concello e pola ANPA.

Raquel Bolaño destaca que "este novo modelo de convenio elimina a burocracia entre ámbalas dúas administracións, non sendo preciso a renovación do documento cada curso escolar e é máis garantista para as familias do alumnado, xa que este servizo queda garantizado ata que o centro conte con espacio propio de comedor".

Bolaño recorda que o primeiro convenio tivo lugar para o curso 2008/2009, co anterior goberno da Xunta, e supuxo un grande avance de cara a equiparar os servizos ofertados polos diferentes centros de infantil e primaria e engade que "o seguinte paso, para chegar a unha igualdade real entre todos os centros do municipio, no que respecta aos comedores escolares será que a Xunta promova un modelo único de comedor para tódolos centros por igual eliminando os diferentes modelos de xestión".