Aprobou o Pleno da Corporación o convenio para que a Xunta asuma a xestión da nova Escola Infantil unha vez a súa construcción estea rematada.
O novo centro de educación infantil xa é unha realidade: será xestionado pola Xunta e, a partir do luns, xa se poderán tramitar as preinscricións para o vindeiro curso 2010/2011.
O Convenio para que a Xunta asuma os gastos de xestión da nova Escola Infantil foi aprobado por mayoría absoluta do Pleno da Corporación.
A Concelleira de Educación, a socialista Raquel Bolaño, anuncia que a partir do vindeiro luns, 2 de agosto de 2010 e ata o 10 de setembro de 2010, se poderán tramitar as solicitudes de praza para o novo centro, xa que unha técnico se desprazará ata a Oficina Municipal da Xuventude para asesorar ás familias da documentación e trámites que será preciso realizar así como para tramitar as ditas solicitudes. A Concellería habilitóu unha liña de teléfono específica para a consulta de ditos trámites que estará operativa a partires do luns no número de teléfono 981 92 68 52.
A previsión de finalización das obras de construcción do centro será en decembro, polo que o novo alumnado se incorporará no ano 2011, posiblemente dentro do primeiro trimestre do ano.
28 de xullo de 2010 O procedemento a seguir por parte de Familia será moi similar ao seguido na actual escola infantil, tras o período para a solicitude de praza, será exposta ao público, unha listaxe provisional, que terá 10 días para a presentación de alegacións e posteriormente se publicará a listaxe definitiva e se abrirá un período para a formalización da matrícula. As familias deben ter en conta que a renda a presentar será a do ano 2009, cuxa campaña finalizou no mes de xuño.
Raquel Bolaño destaca que "o esforzo que se está a realizar desde o Concello non ten referentes, tanto respecto a grande inversión na construcción do propio centro, cos fondos de Zapatero, como no traballo de negociación coa Xunta para que o convenio sexa unha realidade. Convenio que é de xustiza asinar e que suporá un importante aforro para as arcas do concello, que poderá destinar estes cartos a seguir mellorando os centros escolares do municipio".
Bolaño apunta que "o novo centro marcará un antes e un despóis na calidade de vida das familias do concello, desde o ano 2007, unha das principais apostas do bipartito foi aumentar os servizos sociais e educativos do concello" e que "a mellor proba do compromiso da concellería de educación con aumentar as infraestructuras educativas é que, cun grande esforzo de xestión, a partir do luns os e as potenciais usuarios xa poden iniciar os trámites para optar a él".