O Director de zona de Caixanova Octavio Fernández García e o director da Oficina de Sada, acudiron hoxe ao despacho da alcaldía para asinar un convenio de colaboración para a realización de actividades audiovisuais e de artes escénicas e musicais.
O convenio indica nas súas cláusulas que Caixanova comprométese a realizar actividades correndo cos gastos de contratación, confección de invitacións e programas de man, mentres que o Concello de Sada pon a infraestructura necesaria para cada actuación, así como os labores de carga e descarga e persoal técnico.