Concello de Sada


© 2007, Concello de Sada. Avenida da Mariña, 25. Tel.: 981 620 075


Imprimir Enviar

Non falta nada xa para que entremos no tempo do entroido

Filloas... orellas... laconadas e demais productos típicos destas datas comparten protagonismo con festas de disfraces e humor desenfadado, nas que o mundo se pon do revés.
E por iso, a concellería de Cultura quérevos anunciar as actividades que se ofertan para estas datas.

8 de febreiro de 2010 Nos archivos adxuntos poderedes comprobar que seguimos sendo fieis a tradicións como a da Festa da Filloa, que vai xa pola súa XXV edición, e que haberá festa infantil e festival de comparsas, entre outras.

Dende aquí queremos animarvos a participar, a disfrazarvos e a deixar a seriedade a un lado, por uns momentos.
Unámonos todos á festa de máis cor do calendario.

Por outra banda, aproveitamos para informarvos que o próximo Festival Galego de Curtas de Sada conta xa coa súa propia páxina web. Nela poderedes seguir as últimas noticias sobre o Festival, as curtametraxes que están inscritas, as datas de proxección... e outras moitas novas que se irán descubrindo pouco a pouco.