Concello de Sada


© 2007, Concello de Sada. Avenida da Mariña, 25. Tel.: 981 620 075


Imprimir Enviar

A Rede de Dinamización presenta o seu programa para febreiro

Reproductores MP3, ofimática, internet, correo electrónico, fotografía dixital e iniciación á informática serán os contidos formativos de febreiro no CDSI de Sada.

26 de xaneiro de 2010 A Rede de Dinamización da Sociedade da Información anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de febreiro en Sada, estas son:
o "Obradoiro de Procesador de textos: Writer": esta actividade pretende que o/a usuario/a ao finalizala sexa quen de crear e modificar un documento de texto empregando o OpenOffice Writer. Terá lugar entre o 1 e 0 5 de febreiro, de luns a venres, de 9 a 11 horas.
o "Obradoro de Iniciación a Internet": este obradoiro pretende capacitar aos usuarios/as para que sexan quen de utilizar, de forma básica, aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede Internet. Desenvolverase do 1 ao 4 de febreiro pola tarde de 18:30h. a 20:30h.
o "Obradoiro de Iniciación ao correo electrónico": con esta actividade preténdese que o/a usuario/a, ao finalizala, sexa capaz de crear e xestionar a súa propia conta de correo electrónico. Terá lugar en tres quendas: do 8 ao 11 de febreiro as dúas primeiras, de 9 a 11 horas e de 18:30 a 20:30 horas respectivamente; e a terceira do 15 ao 18 de febreiro, de 18:30h. a 20:30h.
o "Obradoiro de Iniciación á fotografía dixital": O seu obxectivo é que aqueles que participen sexan quen, ao foinalizar o obradoiro, de empregar unha cámara dixital, pasar as fotos ao computador e facer retoques básicos ás imaxes. Desenvolverase do 15 ao 19 de febreiro, de 9 a 11 horas.
o "Obradoiro de Iniciación á Informática": con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de manexar con certa soltura os obxectos (arquivos, cartafoles, ferramentas ...) e funcionalidades básicas que ofrece un computador, neste caso usando un sistema operativo baseado en Software Libre. Terá lugar do 22 ao 26 de febreiro en dúas quendas, de 9 a 11 horas a primeira e de 18:30 a 20:30 horas a segunda; ambas de luns a venres.
Asemade, está prevista a realización da charla de difusión verbo dos "Reproductores MP3"; na que se explicará dunha forma práctica e sinxela o seu funcionamento e características; uns aparellos que nos permiten desde escoitar a radio ata levar 1000 cancións na palma da man. Esta actividade terá lugar o día 12 de febreiro, ás 19 horas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Sada, sito en Praza da Igrexa Nova, 7 - Baixo, chamar ao teléfono 881.963.718 ou mandar un correo electrónico a calquera dos seguintes enderezos: lucia.sada@dinamiza.fundacioncalidade.org e victor.sada@dinamiza.fundacioncalidade.org.