O SÁBADO 10 DE OUTUBRO A PARTIR DAS 17 HORAS NO PAVILLÓN MUNICIPAL.
Xornada Solidaria organizada pola Concellaría de Benestar Social.
O próximo sábado celebrarase no pavillón municipal a xornada "Voluntariado e solidariedade en familia" . A finalidade deste evento é apoiar e fomentar a acción voluntaria e da solidariedade, así como os valores que representa na sociedade actual.
5 de outubro de 2009 Pretende ademais achegar estos valores aos mais pequenos, nenos e nenas, que de xeito divertido coñezan e aprendan a respetar outras culturas e modos de vida. Será un lugar de participación social que se presenta de xeito atractivo e dinámico,tanto para os cativos como para os maiores.
Instalaranse mesas informativas das ONG´S participantes: Cruz Vermella, Ecos do Sur, Mestura, Meniños, Axuda en Acción, Equus Zebra, Intermón Oxfam, Fundación Terra de Homes, Aseser Teranga, Cambre Pobo Solidario, Fondo Galego de Cooperación e outras. Nas mesas poderase obter un contacto directo cos ámbitos nos que traballan : voluntariado, cooperación internacional,solidariedade, atención á infancia,interculturaridade, comercio xusto.
Os visitantes poderán tamén informarse dos proxectos de acción voluntaria nos que se pode participar no concello de Sada.
Habilitarase un espazo de animación infantil onde os máis pequenos poderán divertirse e aprender coa solidariedade, a través de xogos populares e tradicionais de todo o mundo, e participar, a través do xogo das pegadas, nunha menxase solidaria dende Sada a Nicaragua.
A xornada organizada pola concellaría dirixida por Luis Barreiro completarase con unha exposición titulada "Comercio Con-Sentido" e contará coa actuación musical do grupo "Música no Mundo" de Senegal.
A clausura da xornada solidaria producirase sobre as 20 horas e correrá a cargo do alcalde de Sada Abel López Soto.