Concello de Sada


Imprimir Enviar

O PRAZO ESTARÁ ABERTO DO 7 AO 27 DE MAIO

A Oficina Municipal de Xuventude abre o prazo de inscricións para as Escolas de Verán

A Concellería de Educación e Xuventude do Concello de Sada, responsabilidade da socialista Raquel Bolaño, abriu hoxe o prazo de inscrición para as Escolas de Verán 2009. As persoas interesadas en solicitar praza poden facelo xa a través desta web, onde atoparán as follas de inscrición xunto coas bases da convocatoria.

7 de maio de 2009 Co obxectivo de facilitarlle á mocidade a participación en actividades educativas e de tempo libre, a Concellería de Educación e Xuventude do Concello de Sada, oferta as prazas para as Escolas de Verán.

As diferentes actividades que integran esta oferta levaranse a cabo no centro de ensino de Pedro Barrié de la Maza (Mondego) en dúas quendas de dúas semanas de duración cada unha (de luns a venres) durante o mes de xullo, no centro de ensino Isaac Díaz Pardo (Sada) en dúas quendas de dúas semanas de duración cada unha (de luns a venres) durante o mes de xullo, na casa da Cultura "Pintor Lloréns" en dúas quendas de dúas semanas de duración cada unha (de luns a venres) durante o mes de agosto e na Oficina Municipal da Xuventude en dúas quendas dunha semana de duración cada unha (de luns a venres) do 3 ao 14 de agosto.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o xoves 7 de maio ás 10:00 horas e rematará o mércores 27 de maio ás 18:30 horas.

Se estás interesado/a nesta convocatoria podes descargar aquí a seguinte documentación:
Os/as interesados/as poden solicitar máis información no telefono 981 620 331, en horario de 10:00 a 15:00 e de 16:30 a 18:30 horas de luns a venres ou no e-mail xuventudea r r o b aconcellodesada.com


© 2007, Concello de Sada. Avenida da Mariña, 25. Tel.: 981 620 075