Concello de Sada



Novas

A Concellería de Educación e Xuventude ofrece un amplo programa de actividades extraescolares municipais para os ciclos de infantil e primaria, dentro do programa Sada Educa.

06/09/10 Todas as actividades programadas terán un custe de 9 euros ao mes, exceptuando a Escola de Nais e Pais que será gratuíta para favorecer a participación das familias.

A Concellería de Educación e Xuventude -responsabilidade da socialista Raquel Bolaño- ven de pechar a oferta de Actividades Extraescolares Municipais para infantil e primaria, englobadas dentro do programa Sada Educa 2010-2011. Esta oferta será completada, con outra destinada ao alumnado da ESO, Bacharelato e Adultos, que será anunciada en breves días.

Actividades sociais para maiores de 55 anos

05/09/10 Desde a Concellería de Benestar Social responsabilidade do nacionalista Luis Barreiro, informa:
O vindeiro mes de outubro comenzan as actividades sociais dirixidas as persoas maiores de 55 anos.

Estas actividades enmarcanse no programa de participación e cooperación social dos servizos sociais municipais e consisten en actuacións tendentes a proporcionar espazos de participación, animacion e cohesión entre as persoas participantes.

A Casa da Cultura acolle unha exposición de maquetas de barcos cunha réplica do Titanic

03/09/10 A Casa da Cultura Pintor Lloréns acolle nesta primeira quincena de setembro e por primeira vez, unha prestixiosa exposición de maquetas de barcos de distintas épocas.

Aberto o prazo de preinscrición para a Escola Municipal de Teatro

02/09/10 Podes descargar aquí a folla de inscrición , para que poidas descargala e inscribirte por correo electrónico, mandándoa cuberta a cultura@concellodesada.com
Por certo, tamén tes a posibilidade de preinscribirte por fax,no número 981 623 655.
FOLLA DE INSCRICIÓN

Sada continúa coa humanización das rúas da zona centro

01/09/10 Concello de Sada acaba de solicitar unha axuda á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia dentro do Plan Ágora Re-comercia 2010-2013, co fin de preceder á humnaización dun tramo da Rúa do río e a Primeira travesía da rúa da obra, co fin de que esa zona adquira o mesmo aspecto que as zonas nas que se actuou desde o ano 2008 no casco urbano de Sada.

Convocatorias

BASES DA CONVOCATORIA PARA PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE ANIMADOR SOCIOCULTURAL

En prazo de presentación: (28/07/2010 - 02/08/2010) 1ª.- Obxecto da convocatoria.- A provisión por concurso libre dunha praza de Animador sociocultural
para o Servizo de Xuventude do Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal por
acumulación de tarefas por un período de un mes, segundo o artigo 3 do Real Decreto 2720/1998, de 18
de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de
contratación de duración determinada.-
As retribucións serán as correspondentes ó posto de animador sociocultural.-
Funcións: A prestación do servizo de animación sociocultural: fomento das relacións interpersoais e da
integración do individuo no seu contexto sociocultural, actividades de xestión do ocio, fomento da
participación en actividades lúdicas e educativas, axuda para a saída de situacións problemáticas, etc.
Características de xornada: Dispoñibilidade ocasional. Xornada partida

Convocatoria de subvencións non nominativas en materia de deporte 2010

En prazo de presentación BASES POLAS QUE DEBE REXIRSE A CONVOCATORIA DE SUBVENCIONS NON NOMINATIVAS EN MATERIA DE DEPORTE
POLO CONCELLO DE SADA PARA O EXERCICIO 2010
DISPOSICIÓNS XERAIS.
Estas normas teñen por obxecto establecer os criterios e procedemento para a concesión de subvencións no ámbito do
termo municipal de Sada, de acordo cos principios de obxectividade, igualdade, concorrencia e publicidade, así como para
a prestación de servizos e realización de actividades que complementen ou suplan os atribuídos á competencia municipal
ou que, en xeral, contribúan ao fomento dos intereses peculiares do municipio de acordo co establecido na lexislación
sobre réxime local (Lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local, Regulamento de Servizos de 1955,
Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, Lei 9/2007 de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, Lei 38/2003 de 17
de novembro, Xeral de Subvencións, Lei 47/2003, Xeral Orzamentaria). Asemade, será de aplicación a base n.º 36 das de
execución do orzamento vixente.


Avisos

Probas selectivas para a selección de (1) posto de Animador Sociocultural en réxime de contratación laboral temporal

Realizado o 10/08/10 o procedemento selectivo para a provisión de 1 posto de Animador sociocultural segundo as bases aprobadas por Decreto da Alcaldía nº 1059/2010 do 21 de xullo,...


Perfil do Contratante ABALAR TURISMO Festas de Sada 2010 Festival de Curtas de Sada 2010 Sada Enreda Sice roteiro Revista municipal Sada para ti Revista de cultura Mariñana, Revista ilustrada Blog da Biblioteca Municipal Teatro Artesan