Concello de Sada



Novas

Non falta nada xa para que entremos no tempo do entroido

08/02/10 Filloas... orellas... laconadas e demais productos típicos destas datas comparten protagonismo con festas de disfraces e humor desenfadado, nas que o mundo se pon do revés.
E por iso, a concellería de Cultura quérevos anunciar as actividades que se ofertan para estas datas.

Un circuito que leva concertos en formato acústico a varios locais de SADA.

04/02/10 O I Sadacústico nace como circuito musical a realizar en locais de hostalería do concello de Sada.
Por primeira vez, o Concello toma a iniciativa de ofrecer actuacións musicais ós locais da vila para cumplir con dous obxectivos: por un lado achegar a cultura musical ó público, descentralizando a programación cultural que, maioritariamente, se oferta dende o Auditorio Municipal; por outro lado fomentar a hostalería local e aportar unha oferta musical que poida atraer á xente e axudar a rachar coa estacionalidade no sector.

Sada adicará ao mantemento de xardins e zonas verdes 646.000 € nos proximos 4 anos.

01/02/10 O Concello de Sada continúa coa modernización e renovación dos servizos municipais. Nos últimos dous anos contratáronse novos servizos de
Limpeza viaria,
Recollida de resíduos sólidos,
Mantemento eléctrico e agora tamén
Mantemento de xardíns e zonas verdes.

O I Concurso Escolar Municipal de Disfraces terá lugar ás portas das vacacións de Entroido e se completará cunha variada oferta durante os días festivos

29/01/10 A Concellería de Educación e Xuventude -responsabilidade da socialista Raquel Bolaño- ven de pechar unha programación de Entroido que inclúe unha variada oferta de actividades tanto para o público infantil como para as e os demáis membros da unidade familiar. O día 12 de febreiro o xurado do concurso de Entroido visitará aos colexios de infantil e primaria do municipio (EEI de Carnoedo, CEIP Pedro Barrié, CEIP Sada e Contornos e o CEIP O Mosteirón) para valorar aos diferentes grupos de disfraces dos centros educativos, previamente inscritos no concurso.

A Rede de Dinamización presenta o seu programa para febreiro

26/01/10 Reproductores MP3, ofimática, internet, correo electrónico, fotografía dixital e iniciación á informática serán os contidos formativos de febreiro no CDSI de Sada.

Convocatorias

Perfil de contratante:Servizos de telefonía fixa, rede de datos e mantemento global de telecomunicacions e informática

En resolución Nº de expediente: CS 61/09
Natureza: Contrato administrativo de servizos
Suxeito a regulación harmonizada: non
Procedemento de adxudicación: Aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación
Tramitación: Ordinaria
Garantía provisional esixible: Non
Clasificación: Grupo V, Subgrupos 3 y 4, categoría A

Prefil do Contratante:Adxudicación provisional Contratación dos servizos de mantemento de xardíns e zonas verdes do concello de Sada

En resolución PERFIL DO CONTRATANTE
DATOS XERAIS:
Nº DE EXPEDIENTE CS 37/2009
Natureza: Contrato administrativo de servizos
Suxeito a regulación harmonizada: SI
Procedemento de adxudicación: Aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación
Tramitación: Ordinaria
Garantía provisional esixible: Non
Clasificación: Grupo O, Subgrupo 6, categoría B
Orzamento:
Prezo: 140.761,21 €
IVE: 22.521,79 €
Total anual: 163.283,00 €


Axenda

Seminarios para a Difusión da Creación de Empresas

[8 de abril de 2010] Finalidade:
Animar e motivar ás persoas, con inquietudes emprendedoras latentes, a que transformen as súas
ideas de negocio en proxectos empresariais..

Avisos

ANUNCIO

SEGUNDO O DECRETO Nº 135 DESTA ALCALDÍA, DE DATA 28/01/2010, ÁBRESE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A COBERTURA DE DÚAS PRAZAS VACANTES NO GRUPO DE NENOS...

Educación fai públicas as listaxes definitivas de menores admitidos na Escola Infantil Municipal

A Concellería de Educación, responsabilidade da socialista Raquel Bolaño, fai públicas as listaxes de admitidos/as na Escola Infantil Municipal para o presente curso...


Festival de Curtas de Sada 2010 Revista municipal Sada para ti Revista de cultura Mariñana, Revista ilustrada Blog da Biblioteca Municipal Festas de Sada 2009